Ewing, Thomas

Ewing, Thomas

Político e xurista estadounidense. Licenciado en Leis, foi senador por Ohio (1831), secretario do tesouro (1841) e ministro de Interior (1849-1850), posto desde o que potenciou a construción do ferrocarril do Pacífico. Partidario da abolición da escravitude, durante a Guerra Civil norteamericana foi un dos conselleiros do presidente A. Lincoln.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : West Liberty, Virginia

  • Deceso

    Lugar : Lancaster, Ohio