exame
(< lat exāmen)
-
-
s
m
Acción de pescudar ou observar atenta e minuciosamente algo ou alguén para coñecer as súas calidades ou o seu estado.
Ex: É necesario facer un exame da situación para descubrir os problemas.
-
exame de conciencia
Consideración que se fai das propias accións para discernir se son boas ou malas á luz dunha moral establecida ou convencional, especialmente relixiosa.
-
exame de testemuñas
[DER]
Dilixencia xudicial que consiste en tomarlles declaración ás persoas que, sen ser parte interesada no caso, coñecen e poden dar testemuña sobre os feitos controvertidos.
-
libre exame
[RELIX]
Interpretación de carácter persoal das doutrinas cristiás, tomando como única referencia o texto da Biblia e descartando a autoridade da Igrexa.
-
s
m
-
s
m
Proba ou conxunto de probas, escritas ou orais, ás que se somete unha persoa para poder demostrar a súa aptitude para desempeñar un cargo ou actividade, ou para obter un grao ou avanzar nos estudios. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].