Exeo, illas do

Exeo, illas do

Conxunto de illas situadas no Mar Exeo, Grecia, divididas en dúas rexións: Exeo Meridional formado polos arquipélagos das Cícladas e do Dodecaneso (5.286 km2; 257.481 h [1991]); e Exeo Setentrional, formado polos arquipélagos de Khíos, Lesbos e Samos (3.836 km2; 199.231 h [1991]). Cada arquipélago constitúe á súa vez un nomós de Grecia. Abundan as erupcións volcánicas e os terremotos. As súas principais actividades económicas son as agropecuarias, especialmente a agricultura, a gandería e a sericultura. Na industria destaca a construción naval. Tamén son importantes a pesca de esponxas e o turismo. Trátase do núcleo onde se desenvolveu a civilización exea.