Éxica

Éxica

Rei dos visigodos de Hispania (687-702). Sucedeu o seu sogro Ervixio. Convocou o XV, XVI e XVII Concilio de Toledo para tratar de fortalecer a autoridade real. Rexeitou a política de reconciliación de Ervixio e tomou represalias contra os nobres que prexudicaran a súa familia. Sufocou unha rebelión organizada por Siseberto, bispo metropolitano de Toledo, e polo nobre Suniefredo (692-693). No XVII Concilio de Toledo aprobou as confiscacións dos bens dos xudeus acusados de conspirar contra os reinos cristiáns. No 695 asociou o trono ao seu fillo Vitiza, a quen lle confiou o goberno de Galicia (700).

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Toledo