expiación
expiación
(< lat expiatĭōne)
-
s
f
Acción de expiar.
-
s
f
[RELIX]
Restauración, mediante unha acción humana, das relacións entre o home e a divindade, deterioradas polos pecados humanos. Nalgunhas relixións, as expiacións convertéronse en rituais periódicos institucionalizados. As prácticas expiatorias máis comúns son as purificacións rituais e, sobre todo, os sacrificios cruentos de homes ou animais. A esmola e as obras sociais teñen tamén un carácter expiatorio en determinados ambientes. Tamén a oración pode ter un contido expiatorio.