experto -ta
experto -ta
(< lat expertu‘experimentado’)
-
adx e s
Que ou quen ten moita experiencia ou habilidade nun traballo ou actividade.
Ex: O equipo visitante era máis experto xogando ó baloncesto. O experto informático chegará mañá.
-
adx e s
Persoa versada ou con moitos coñecementos sobre unha materia.
Ex: Era un experto en lingua.
Confrontacións: especialista.