explicación
(< latexplicatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de explicar ou explicarse.
Confrontacións: aclaración. -
s
f
Cousa que fai comprensible algo.
Ex: A violencia non ten explicación.
-
s
f
Xustificación que se dá como desculpa dunha actitude ou comportamento.
Ex: Tivo que dar explicacións por chegar tan tarde a traballar.
-
[FILOS]
-
s
f
Aquilo que dá lugar á comprensión de cómo ou por qué é algo. F. Bacon foi o primeiro en separar a explicación teleolóxica da explicación científica. Para I. Kant é o desenvolvemento das propiedades implícitas nunha noción ou concepto. Na filosofía da ciencia distínguense diversas concepcións. Para a corrente nemolóxico-dedutiva é o enunciado sobre un feito que se deduce do contraste con diversas ideas xerais; para os contextualistas é un proceso de comunicación polo que se fai intelixible unha cousa a outra persoa; e para os realistas é a exposición dos enunciados de tipo casual sobre os fenómenos.
-
explicación teleolóxica
Aquilo que produce comprensión ao dar a coñecer as cousas e as súas características, tendo en conta a contribución destas aos estados de ánimo, ao normal funcionamento e á consecución dos fins, das totalidades ou dos sistemas aos que pertencen.
-
s
f