explicativo -va
explicativo -va
(< explicar)
-
adx
Que explica ou serve para explicar.
-
adx
[LING]
Aplícase ao elemento lingüístico que, referido a outro, expresa unha calidade que, de feito, xa é coñecida. O elemento explicativo pode ser un adxectivo, unha oración relativa, etc. En O branco leite, branco é un adxectivo explicativo (ou epíteto) porque non especifica a leite, senón que expresa unha calidade intrínseca e propia da clase á que pertence o substantivo que modifica; acostuma ir anteposto ao substantivo. En A escritura, que serve para reflectir graficamente as expresións orais, é un código de signos convencionais, a oración que serve para reflectir graficamente as expresións orais explica a escritura sen a modificar.