exportación

exportación

(

  1. s f

    Acción de exportar.

    Confrontacións: importación.
  2. s f [ECON]

    Bens e servicios dun país que se exportan. Cando as transaccións se fan con mercadorías denomínase exportación visible, e invisible cando se tratan de servicios (seguros, xuros, fretes) por conta doutro país. A importancia que se lle concede ao mantemento dun saldo favorable na balanza comercial impulsou o establecemento de medidas por parte dos gobernos para favorecer a venda de mercadorías (desgravacións fiscais, créditos á exportación, subvencións).

    Confrontacións: importación.

Palabras veciñas

expoñer | expor | exportable | exportación | exportador -ra | exportar | exposición