expresión
(
-
s
f
Acción de expresar ou expresarse.
-
s
f
-
Maneira de expresarse mediante a linguaxe.
Ex: Malia que é estranxeiro, a súa expresión é bastante fluída.
-
Palabra, conxunto fixo de palabras ou locución.
Ex: Coñece algunhas expresións de uso moi frecuente nas Rías Baixas.
-
-
s
f
Conxunto de signos visibles, xeralmente os da cara, que manifestan o carácter ou estado anímico de alguén.
Ex: Ten sempre unha expresión ausente.
-
-
s
f
Facultade de manifestar o pensamento e o estado psíquico. En tanto que medio de comunicación, contribúe a manter a cohesión social porque acrecenta a comunicación entre os membros da comunidade. Os distintos tipos de expresión (mímica, palabra, escritura e debuxo) teñen como misión transmitir información a outros e, como formas de expresión, posúen un aspecto convencional que varía segundo as culturas.
-
expresión corporal
[PEDAG]
Medio de expresión que ten no corpo o seu eixe central de significación, creación e comunicación. No terreo do teatro dá lugar a un conxunto de técnicas interpretativas baseadas na motricidade e no movemento corporal e á disciplina que se ocupa da súa docencia e investigación.
-
expresión dinámica
[PEDAG]
Manifestación do individuo que, dentro dun sistema de comunicación, utiliza a actividade e o movemento do seu propio corpo como forma de expresión. Foi unha das grandes preocupacións da escola nova e, particularmente, de A. Ferrière, M. Montessori (que considera de moita importancia o movemento muscular) e A. Manjón (que utiliza como recursos didácticos o xogo e o canto). Contribúe ao desenvolvemento psicolóxico do educando, xa que incide no perfeccionamento da coordinación motriz e contribúe a acrecentar o equilibrio mental do suxeito.
-
expresión dramática
[ESPECT]
Medio de expresión que ten no xogo de papeis un dos eixes básicos da interpretación, entendido como un proceso de creación e construción de personaxes. No apartado educativo designa unha disciplina que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias expresivas, creativas e comunicativas do individuo a través do uso educativo de moi diversas técnicas e recursos baseados no xogo de papeis.
-
expresión plástica
[PEDAG]
Manifestación do individuo que utiliza algunha materia sensible para se expresar. Emprega un modelo de simbolización de tipo icónico no que a relación entre o modelo e a súa representación se percibe dun modo sensible. Esta forma de expresión adoita incluírse dentro da educación artística e estética. Os pioneiros deste tipo de ensino, e especialmente F. Schelling e F. Froebel, consideraron a importante achega que o desenvolvemento desta capacidade de expresión supón para a imaxinación e a creatividade. O tratamento educativo da expresión plástica debe centrarse na consecución do sentimento estético, a través da expresión e comprensión de imaxes plásticas. As modalidades de expresión plástica son o debuxo, a pintura e os traballos manuais.
-
expresión teatral
[ESPECT]
Medio de expresión, creación e comunicación que se caracteriza pola comunicación entre un actor e un espectador e que constitúe, coa expresión dramática, o elemento fundamental do feito teatral. A diferenza entre estes dous medios de expresión é que mentres a expresión dramática se manifesta na vida cotiá como un máis entre os medios de que dispón o individuo para interaccionar co seu contorno social e cultural, a expresión teatral nace da asunción dunha convención entre o que decide asumir o papel de actor e o que acepta ser espectador. A expresión dramática sitúase no ámbito da vida, mentres a expresión teatral se sitúa na esfera da arte.
-
expresión xestual
[ESPECT]
Medio de expresión que ten no xesto e na postura dous dos seus elementos máis singulares e característicos. No terreo teatral pode prefigurar dúas correntes interpretativas baseadas na forza expresiva do xesto: o mimo e a pantomima, xéneros teatrais que tradicionalmente prescinden da palabra para explorar as posibilidades doutros elementos de significación teatral.
-
s
f
-
s
f
[LING]
-
Calquera enunciado que, segundo a gramática xenerativa, emprega o falante como unha unidade comunicativa, en oposición a frase, que funciona como unha unidade gramatical.
-
Significante ao que, segundo a escola glosemática, se lle atribúe unha substancia e unha forma. A substancia de expresión é a materia fónica que compón as realizacións fonemáticas de todo tipo. A forma de expresión consiste en unidades fonolóxicas en si mesmas como unidades de relación funcional.
-
-
s
f
[INFORM]
Combinación de termos (instrucións e/ou operadores) que operan sobre un dato.
-
expresión matemática
[MAT]
Feito xeral, regra ou principio, expresado mediante cadeas de símbolos matemáticos. Se os símbolos son os propios da álxebra denomínase expresión alxébrica.