extracto
(< lat extractu, p p deextrahĕre ‘extraer’)
-
s
m
Resumo dos puntos máis importantes dun escrito ou exposición.
Ex: Mandoulle redactar un extracto do libro. Faime un extracto do que falastes.
Sinónimos: compendio. -
-
s
m
Produto concentrado que se obtén mediante o tratamento do tecido animal ou vexetal cun solvente para extraer os compoñentes desexados de sabor, olor ou nutritivos do tecido.
-
s
m
Preparado galénico constituído por concentración de drogas animais e vexetais obtidas por evaporación, maceración, lixiviación, decocción ou infusión da droga, seca e pulverizada, con disolventes adecuados, a miúdo etanol, éter ou cloroformo.
-
extracto brando
Extracto no que se eliminou, por evaporación, unha parte do disolvente empregado na extracción. Ten consistencia de xarope e é máis concentrado có fluído.
-
extracto fluído
Extracto líquido que contén, en peso, os principios activos contidos no produto orixinal.
-
extracto hepático
Extracto obtido do fígado do boi e doutros animais e que se supón que contén os principios activos do fígado fresco. O seu poder antianémico valórase en función do contido en vitamina B 12 ou cianocobalamina. Emprégase no tratamento da anemia perniciosa.
-
extracto seco
Extracto no que se eliminou practicamente todo o disolvente. O produto resultante é seco e duro.
-
s
m
-
extracto de conta
[ECON]
Copia ou resumo dos datos dunha conta para coñecer o seu estado nun momento determinado.