Eylau, Batalla de
Eylau, Batalla de
Combate que tivo lugar o 8 de febreiro de 1807 en Preussisch Eylau (Bagrationovsk) entre o exército de Napoleón I e o exército ruso-prusiano comandado polo xeneral Rudolf von Benningsen. As tropas francesas, malia ter sido decimadas pola artillería ruso-prusiana, conseguiron saír vitoriosas do enfrontamento.