1 f

1 f
  1. s m [ESCR]

    Sexta letra do alfabeto galego, denominada efe.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía que representa o fonema consonántico fricativo labiodental xordo /f/ que admite como única realización [f]. Nas palabras patrimonias só se dá en posición explosiva, polo xeral, seguido de vogal (fiúncho, esfollar). Nalgunhas palabras patrimoniais e semicultas pode formar grupo consonántico explosivo con /r/ (frouxo, frío, freita, desfrear). En palabras cultas pode tamén formar grupo con /l/ (flamexar, flor, flegma). En posición implosiva só aparece en palabras de recente incorporación (afgán, naif). Diacronicamente a grafía <f> pode proceder dunha consoante fricativa labiodental xorda F, en posición explosiva, seguida de vogal (feitizo < lat FACTĪCĬU, fillo < FĪLĬU, fol < FŎLLE), de consoante /r/ (fronte < FRŎNTE, frade < FRATRE, esfregar < EXFRĬCĀRE) ou de consoante /l/ (fraco < FLACCO); sen embargo, en posición intervocálica sonoriza en oclusiva bilabial sonora /b/ (apouvigar < PACĬFĬCARE, proveito < PRŌFĒCTU). Tamén pode proceder dunha xeminada intervocálica fricativa labiodental xorda -FF- que simplifica en -F- (ofender < OFFĔNDĔRE, sufrir < *SŬFFĔRĔRE).