F

F
  1. [TRANSP]

    Sigla de Francia na placa de Estado.

  2. [FÍS]
    1. Letra que designa a raia de Fraunhofer producida polo hidróxeno, que ten unha lonxitude de onda de 4.861 Å.

    2. Símbolo empregado para representar unha forza. OBS: Tamén se representa f.

  3. [MAT]

    Símbolo empregado para representar unha función.

  4. [MAT]

    Símbolo do grao na escala Fahrenheit de temperaturas.

  5. [METROL]

    Símbolo do farad.

  6. [QUÍM]

    Símbolo do fluor.

  7. [MÚS]

    Sexto grao da notación alfabética en letras latinas, utilizada nos países xermanófonos e anglófonos, que corresponde á nota fa.

Palabras veciñas

Ezzo de Bamberg | 1 f | 2 f | F | F | fa | faba