faba
(
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea anual e gabeadora, altamente polimórfica, de máis de 3 m de lonxitude, cos talos delgados e febles aínda que suberizados na base. Presenta raíces superficiais, follas estipuladas, con pecíolo longo, trifolioladas, cos folíolos entre ovados e rómbicos, e inflorescencia en acios axilares ou terminais -de 7 a 30 cm de lonxitude, en pedúnculos ergueitos e algo pubescentes-, de flores de cor branca, amarela, rosada, violeta ou púrpura. Os froitos son vaíñas lineares máis ou menos comprimidas, algo curvadas ou rectas, cilíndricas ou aplanadas de entre 4 e 20 cm de lonxitude e de 1 a 1,5 cm de ancho, e cando maduran son de cor morada, amarela ou case que negra. Estes froitos presentan de 2 a 15 sementes, con forma de ril, de cor branca, negra, vermella, amarela, rosa, café, cinsenta ou con pintas, de 4 a 20 mm de lonxitude e de 3 a 12 mm de ancho. É unha especie orixinaria de México e Centroamérica que levaron os españois e portugueses a outras partes de América, Europa e África. Cultívase nos trópicos, subtrópicos e rexións temperadas do mundo, principalmente para consumir os legumes tenros ou as sementes secas.
Sinónimos: chicho, fabeira, feixón, feixó. -
s
f
Froito das plantas da familia das fabáceas.
Sinónimos: chicho, feixón, feixó. -
s
f
Semente das plantas da familia das fabáceas.
Sinónimos: chicho, feixón, feixó. -
s
f
[HIST]
Cada unha das boliñas brancas ou negras coas que se fan as votacións nalgunhas asociacións ou institucións.
Frases feitas
-
Mesturar/ Xuntar fabas con castañas. Confundir cousas totalmente diferentes.
-
Ser como a faba do pote. Aparecer ou estar alguén en todas partes.