Fabio Ambusto, Marco

Fabio Ambusto, Marco

Xeneral e político romano. Cónsul no 360 a C e no 356 a C, foi derrotado na Primeira Guerra Etrusca (359 a C-351 a C). Elixido de novo cónsul no 354 a C, conseguiu o triunfo sobre os hérnicos, os faliscos, os tarquinios e os tiburcios. Ditador no 351 a C, opúxose á elección dos plebeos para o consulado.