Fábrega Coello, Luís
Fábrega Coello, Luís
Político. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1899). Deputado polo Partido Radical en Ourense nas eleccións de 1931, foi nomeado alcalde da cidade, cargo do que dimitiu ao día seguinte para ser designado presidente da deputación provincial. Durante a República foi o primeiro presidente da Caixa de Aforrros de Ourense e presidiu a Federación Agraria Provincial de Ourense. Ao estalar a Guerra Civil estivo confinado oito meses na prisión de Ourense e sufriu unha forte sanción económica e incautación de bens.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense