fábrica
(
-
Fábrica de lenzos tinguidos e prensados fundada en Mondoñedo por Luís López Lombardía por orde dunha Real Cédula do 27 de setembro de 1738. A concesión fíxose en principio por dez anos, coa condición, entre outras, de fabricar 54.000 pezas de todas as cores, de quince varas de longo e unha de ancho, de igual calidade ca as fabricadas polo gremio de mercería, especiería e droguería de Madrid, e coa obriga de vendelas por fardos ou pezas a 4 reais a vara e as vermellas a 70 reais a peza. Instalada nun amplo edificio construído no barrio de San Lázaro, converteuse nun centro abastecedor de considerable importancia. Non obstante , a escaseza de lenzo ocasionou o seu peche a finais do s XVIII. O edificio aproveitouno o episcopado para establecer un obradoiro co fin de proporcionar traballo a prostitutas.
-
s
f
Instalación ou conxunto de instalacións industriais, destinada á transformación de materias primas ou á produción de obxectos a partir de elementos máis simples.
-
[CONSTR]
-
s
f
Construción ou obra feita con pedra ou ladrillo e argamasa.
-
punto de fábrica
Anaco de muro que se refai polo pé deixando o resto intacto.
-
s
f
-
[RELIX]
-
s
f
Conxunto dos fondos que hai nunha igrexa, destinados á súa conservación e reparación, así como a satisfacer os custos do culto.
-
consello de fábrica
Persoas que administran os bens dunha igrexa.
-
s
f
-
s
f
[XEOL]
Aparencia dunha rocha, determinada pola forma, o tamaño, e a disposición dos elementos, tanto minerais como partículas non cristalinas, que a constitúen; comprende a súa textura e a súa estrutura.
-
s
f
Aquilo que produce ou orixina algo.
Ex: Era unha fábrica de facer cartos.
Frases feitas
-
De fábrica 1 Que está feito con pedra, ladrillos ou argamasa.
-
2 Que vén establecido ou sae así directamente de fábrica. Ex: Defecto de fábrica. Marca de fábrica. Prezo de fábrica.