Fabrizio, Girolamo
Fabrizio, Girolamo
Anatomista e cirurxián. Foi discípulo de Fallopio na Universidade de Padua, e en 1562 sucedeuno na cátedra de Anatomía. Estudiou con detalle o desenvolvemento dos embrións dos pitos, a mecánica da respiración, a acción dos músculos e as veas, nas que descubriu a existencia de válvulas. Realizou a primeira descrición da placenta, da larinxe e dos órganos vocais. Publicou De formato foetu (1600), De venarum ostiolis (1603), In de formatione ovi et pulli (1612) e Opera chirurgica (1619).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Acquapendente -
Deceso
Lugar : Padua