fácula

fácula

(

s f [ASTRON]

Filamento brillante que se eleva sobre a fotosfera solar. É case un 10% máis brillante que o fondo do disco solar, sobre o que destaca. As condicións máis favorables para a súa observación localízanse nas rexións da periferia do disco solar, a causa do escurecemento relativo destas rexións. As fáculas teñen relación coas manchas solares, pero a formación das fáculas pon en evidencia o grao de actividade solar dunha maneira máis eficaz ca as manchas.

Palabras veciñas

factura | facturación | facturar | fácula | facultade | facultar | facultativo -va