embutido -da
(< embutir)
-
p reg
de embutir.
-
s
m
Acción de embutir.
-
s
m
[ALIM]
Tripa de animal reenchida de carne e graxa, xeralmente de porco, adobada con especies e, ás veces, outros ingredientes. Mediante un proceso de curado evoluciona no seu exterior unha flora microbiana que permite unha mellor conservación das carnes. O seu afumado tamén cumpre esta función conservadora. Entre a gran cantidade de tipos de embutido que se encontran en Galicia, cómpre destacar: o chourizo, condimentado con pemento e que presenta distintas variantes como o ceboleiro; a androlla e o botelo, con anacos de costela picada; a longaínza, que non está curada pero pode estar afumada, ou a morcilla, que é semellante ao chourizo pero mesturada co sangue do animal.
-
s
m
[ARTE]
Obra de madeira, metal, pedra ou marfil que se realiza ao encaixar pezas de distintas cores, da mesma ou de diferente materia, para realizar diversas formas e figuras. As pezas incrústanse nuns ocos ou incisións realizados previamente.
-
s
m
[ARQUIT]
Espiga que enlaza pezas dunha lacería de madeira.