época
(
-
(s X) Bispo de Tui. Foi apreixado polos árabes, que o levaron cativo a Córdoba, ata que un sobriño seu, san Paio, o substituíu no cativerio. Regresou logo á súa diocese e loitou contra os mouros. Cando soubo do martirio do sobriño, mandou construír un mosteiro na súa honra en Alveos. Posteriormente, retirouse ao convento de Santo Estevo de Ribas de Sil e ao mosteiro de Larugia, preto de Ponte de Lima. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.
-
s
f
Espacio de tempo comprendido entre unhas datas definidas, cunha determinada extensión e que se caracteriza por uns feitos concretos.
Ex: A época do rexurdimento foi moi importante para a literatura galega.
-
s
f
Calquera espazo de tempo con relación a algo.
Ex: Os mellores recordos son da época infantil. Escribiu o libro na época da súa madurez intelectual.
-
s
f
Temporada dunha determinada duración.
Ex: Na época da vendima sempre chove. Na época dos exames non sae da biblioteca.
-
s
f
[ESTRATIG]
Unidade xeocronolóxica de rango superior á idade e inferior ao período. Corresponde á unidade cronoestratigráfica serie.
-
s
f
[ASTRON]
Instante orixe que se emprega como data de referencia nos sistemas de coordenadas astronómicas. A precesión dos equinocios fai que o punto vernal cambie de maneira continua. O tempo siderio e a ascensión recta téñense que medir por unha posición de referencia do punto vernal, chamado época estándar. A finais de 1984, a época estándar definiuse como o momento en que tivo lugar a culminación polo meridiano Greenwich do punto medio de Aries, o día primeiro de xaneiro do ano trópico 1900. Para medir os anos seguintes utilizouse o ano beseliano. Desde 1984 a época estándar definiuse a partir do día 1 de xaneiro de 2000 e o ano empregado é o xuliano (período de 365,25 días).
Frases feitas
-
De época. Que é propio dun tempo pasado ou antigo. Ex: Tiña un coche de época.
-
Facer época. Ter unha cousa moita resonancia e influencia. Ex: É un libro moi bo e vai facer época.