época
(< lat epŏcha < grἐποχή)
-
s
f
Espacio de tempo comprendido entre unhas datas definidas, cunha determinada extensión e que se caracteriza por uns feitos concretos.
Ex: A época do rexurdimento foi moi importante para a literatura galega.
-
s
f
Calquera espacio de tempo con relación a algo.
Ex: Os mellores recordos son da época infantil. Escribiu o libro na época da súa madurez intelectual.
-
s
f
Temporada dunha determinada duración.
Ex: Na época da vendima sempre chove. Na época dos exames non sae da biblioteca.
-
s
f
[ESTRATIG]
Unidade xeocronolóxica de rango superior á idade e inferior ao período. Corresponde á unidade cronoestratigráfica serie.
-
s
f
[ASTRON]
Instante orixe que se emprega como data de referencia nos sistemas de coordenadas astronómicas. A precesión dos equinocios fai que o punto vernal cambie de maneira continua. O tempo siderio e a ascensión recta téñense que medir por unha posición de referencia do punto vernal, chamado época estándar. A finais de 1984, a época estándar definiuse como o momento en que tivo lugar a culminación polo meridiano Greenwich do punto medio de Aries, o día primeiro de xaneiro do ano trópico 1900. Para medir os anos seguintes utilizouse o ano beseliano. Desde 1984 a época estándar definiuse a partir do día 1 de xaneiro de 2000 e o ano empregado é o xuliano (período de 365,25 días).
Frases feitas
-
De época. Que é propio dun tempo pasado ou antigo. Ex: Tiña un coche de época.
-
Facer época. Ter unha cousa moita resonancia e influencia. Ex: É un libro moi bo e vai facer época.