Ermua
Ermua
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, na marxe dereita do río Deba (17.346 h [1996]). A base da súa economía é a industria metalúrxica, pero tamén son importantes a agricultura (cereais) e a gandería bovina e porcina. Fundada no s XII, quedou practicamente destruída trala Guerra da Independencia (1808-1814). Do seu patrimonio cultural destacan o palacio de Valdespina, o palacio de Santa Cecilia e a parroquia de Santiago Apóstol.