Ermua

Ermua

Publicación aparecida na localidade biscaíña de Ermua en 1980. Editada polo Centro Galego de Ermua, tiña unha periodicidade anual. Tirábase do prelo con motivo do Día das Letras Galegas e contiña diversos artigos sobre esa data e a personalidade homenaxeada, e outros nos que se abordaban diferentes aspectos da cultura galega. Reproduciu, ademais, textos de Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro e Rosalía de Castro. Complétase co programa de actividades da institución.