Estanislao, santo

Estanislao, santo

Bispo e mártir. Estudiou en Polonia e París e foi bispo de Cracovia (1072-1079). Enfrontouse ao Rei Boleslao, botándolle en cara as crueldades e inxustizas que cometía co seu pobo e ameazándoo con terribles castigos se non se arrepentía. En vinganza, o mesmo rei asasinouno no altar mentres celebraba a misa. O Papa Inocencio canonizuno en 1253. Na iconografía viste de pontífice, con báculo e mitra, e leva como atributo persoal un cadáver resucitado. A súa festividade celébrase o 11 de abril.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cracovia

  • Deceso