estannita
estannita
(< estann- + 2 -ita)
s
f
[MINERAL]
Sulfuro de estaño, ferro e cobre, de fórmula Cu2FeSnS4. Cristaliza no sistema tetragonal. Os cristais son escasos e moi pequenos. A miúdo preséntase diseminada en agregados. É de cor gris de aceiro, con brillo metálico. Ten unha dureza 4 e un peso específico 4,3-4,5. Denomínase tamén pirita de estaño.