Faenza
Faenza
Cidade da provincia de Ravenna, Italia, na rexión de Emilia-Romaña (53.452 h [2000]). Antiga cidade romana de Faventia, floreceu durante a Idade Media baixo o goberno dos Manfredi e en 1797 incorporouse aos Estados Pontificios. Do seu patrimonio cultural destacan a praza do Popolo, os palacios medievais do Podestà e do concello (s XIII), a catedral (1474-1511), o palacio neoclásico de Milzetti e o teatro Masini (1780-1787).