Faipac

Faipac

Publicación aparecida en Barcelona en 1990, editada conxuntamente por Faipac e Ediciós do Castro. Subtitulouse “Formas de análise e de intervención no patrimonio construído”. Centrada no eido da arquitectura, incluía estudios, textos e documentos, algúns de carácter histórico, en que se trataba a construción de teatros, estacións de ferrocarril, monumentos, etc. Ademais, engadíronse, xunto aos textos, numerosas fotografías e gráficos detallados.