Falset

Falset

Municipio da provincia de Tarragona, na marxe dereita do río Siurana, ao NO da capital (2.504 h [1996]). A agricultura e o comercio son os principais recursos económicos. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo de Falset, de orixe medieval, e a igrexa barroca de Santa Maria.