falsete
falsete
(< ital falsetto)
-
s
m
[MÚS]
oz artificial masculina situada por riba dos rexistros normais dos homes, que utiliza o cantante esporadicamente para producir efectos cómicos.
-
s
m
[MÚS]
Técnica de canto destinada a obter unha voz masculina de rexistro entre contralto e soprano, dunha sonoridade moi pura e potente. Difundiuse a partir do s XVI ante a prohibición papal que non permitía ás mulleres participar nos coros das igrexas. Practicouse ata finais do s XVIII, aínda que os castrati relegaron esta técnica a un segundo plano. No s XX, especialmente en Inglaterra, recuperouse para interpretar con maior fidelidade certas pezas do Barroco.
-
s
m
[LING]
Timbre vogal especial, máis agudo có timbre normal, que se produce cando as cordas vocais só vibran nunha parte da súa lonxitude.