Fama

Fama
[MIT]

Divindade alegórica da ‘voz pública’, filla da Terra. Ten numerosos ollos e bocas e viaxa polo ar a gran velocidade. Ovidio imaxínaa habitando un palacio sonoro de bronce, situado no centro do mundo, nos confíns da Terra e do Mar, no que prenetran todas as voces e as devolve amplificadas. Vive rodeada da Credulidade, Erro, Falsa Alegría, Terror, Sedición e dos Falsos Rumores e vixía o mundo desde o seu alcázar. Represéntase adoito como unha muller tocando a trompeta.

Palabras veciñas

falueiro -ra | Falun | fama | Fama | Famagusta | Famagusta | Famatina