Faraldo Asorey, Antolín

Faraldo Asorey, Antolín

Xornalista e político. Coñecido como Antolín Faraldo Malvar, entre 1835 e 1842 realizou o bacharelato en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Academia Literaria de Santiago, a partir de 1843 incorporouse á Diputación Arqueológica Gallega. Entre os anos 1842 e 1845 traballou como redactor nos periódicos El Recreo Compostelano e El Porvenir, e colaborou en Santiago y a ellos e La Situación de Galicia, nos que asinaba co pseudónimo de Abehumeya. Formou parte do grupo de provincialistas que participaron no levantamento progresista de 1846, cando asumiu a secretaría da efémera Xunta Superior do Reino de Galicia, tralo que houbo de exiliarse en Portugal. En 1847 marchou a Madrid e participou na redacción do xornal progresista La Europa; ademais, escribiu artigos para o Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, editado na Coruña.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos

  • Deceso

    Lugar : Granada