Faramontaos
Faramontaos
Río afluente do Limia pola esquerda. Nace da confluencia de varios ríos que baixan pola vertente setentrional da serra do Larouco, no límite das parroquias de Garabelos do Bouzo (Baltar), Gudín e Novás (Xinzo de Limia). O seu curso adopta unha dirección S-N que lles serve de límite ás parroquias de Seoane de Oleiros e Faramontaos coas de Chamosiños e Lobaces (Trasmiras), por onde prosegue. Ao chegar a Abavides (Trasmiras) vira cara ao NO por Zos, para regresar ao concello de Xinzo de Limia pola parroquia de Boado. Desemboca na vila de Xinzo de Limia, logo dun percorrido duns 22 km.