Fariña
Fariña
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en lugares como Neda, Moraña, Meis, Mugardos ou Vilariño (Cambados). As súas armas levan, en campo de azul, nove besantes de prata, postos en aspa, e catro cruces trevoadas, de ouro, colocadas nos ocos. Outros traen, en campo de azul, nove monllos de fariña, postos en aspa, e nos catro ocos, unha cruz baleira, de ouro. Outra variante presenta escudo axadrezado de quince pezas, sete de azul e oito de ouro.