fariña

fariña

(

    1. s f

      Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, especialmente o trigo, o centeo e o millo. Ten como compoñentes principais o amidón e o glute. O glute, que é insoluble en auga, ten consistencia elástica, e está constituído fundamentalmente por proteínas, como a gliadina e a glutenina, que lle dan á pasta as súas propiedades durante o proceso de panificación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar. Derramando fariña non se goberna a casa miña. Onde non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón. En abril e maio fai fariña para o ano.”

    2. fariña centea

      Fariña de centeo.

    3. fariña integral

      Fariña á que non se lle quita o farelo.

    4. fariña milla

      Fariña de millo.

    5. fariña triga

      Fariña de trigo.

    1. s f

      Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.

    2. fariña de liño

      Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.

    3. fariña de ósos

      Adobo obtido de ósos de animais previamente descarnados e desecados.

    4. fariña de peixe

      Alimento para o gando que se obtén de esfaragullar peixes previamente desecados.

    5. fariña glaciaria

      Material morrénico de textura fina que se orixina pola forte fricción que xera o paso do glaciar.

    1. s f

      Pos obtidos por diferentes métodos.

    2. fariña láctea

      Mestura de fariña de cereais ou de legumes transformada parcialmente en maltosa e dextrina. Emprégase en dietética infantil, nos primeiros meses, como alimento de tránsito entre a lactancia e a alimentación integral.

  1. s f

    Droga de baixa calidade.

Frases feitas

  • Andar na fariña. Andar na droga.

  • Fariña abalada. A que cae fóra da artesa cando se criba.

  • Fariña dos ratos. Arsénico.

  • Ser da mesma fariña. Ser da mesma condición.

  • 2 Estar metido de cheo nun asunto.

  • Custar ferro e fariña. Ser moi traballoso de conseguir.

  • Estar metido en fariña. 1 Pan que non está esponsoxo.

  • Ser unha cousa fariña doutro fol. Ser alleo ao asunto do que se trata ou ser moi diferente.

Refráns

  • Fai boa fariña e non toques a buguina.
  • Fariña abalada, que non cha vexa sogra nin cuñada.