fariña
(
-
-
s
f
Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, especialmente o trigo, o centeo e o millo. Ten como compoñentes principais o amidón e o glute. O glute, que é insoluble en auga, ten consistencia elástica, e está constituído fundamentalmente por proteínas, como a gliadina e a glutenina, que lle dan á pasta as súas propiedades durante o proceso de panificación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comín fariña por engordar e saíume por cea e por xantar. Derramando fariña non se goberna a casa miña. Onde non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón. En abril e maio fai fariña para o ano.”
-
fariña centea
Fariña de centeo.
-
fariña integral
Fariña á que non se lle quita o farelo.
-
fariña milla
Fariña de millo.
-
fariña triga
Fariña de trigo.
-
s
f
-
-
s
f
Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.
-
fariña de liño
Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.
-
fariña de ósos
Adobo obtido de ósos de animais previamente descarnados e desecados.
-
fariña de peixe
Alimento para o gando que se obtén de esfaragullar peixes previamente desecados.
-
fariña glaciaria
Material morrénico de textura fina que se orixina pola forte fricción que xera o paso do glaciar.
-
s
f
-
-
s
f
Pos obtidos por diferentes métodos.
-
fariña láctea
Mestura de fariña de cereais ou de legumes transformada parcialmente en maltosa e dextrina. Emprégase en dietética infantil, nos primeiros meses, como alimento de tránsito entre a lactancia e a alimentación integral.
-
s
f
-
s
f
Droga de baixa calidade.
Frases feitas
-
Andar na fariña. Andar na droga.
-
Fariña abalada. A que cae fóra da artesa cando se criba.
-
Fariña dos ratos. Arsénico.
-
Ser da mesma fariña. Ser da mesma condición.
-
2 Estar metido de cheo nun asunto.
-
Custar ferro e fariña. Ser moi traballoso de conseguir.
-
Estar metido en fariña. 1 Pan que non está esponsoxo.
-
Ser unha cousa fariña doutro fol. Ser alleo ao asunto do que se trata ou ser moi diferente.
Refráns
- Fai boa fariña e non toques a buguina.
- Fariña abalada, que non cha vexa sogra nin cuñada.