Fariña Jamardo, Xosé
Escritor. Doutor en Dereito, ingresou no corpo de secretarios da administración local. Despois de ocupar diversos destinos, foi xefe de estudios do Instituto de Estudios de Administración Local e presidente do Colegio Oficial de Secretarios de Ayuntamientos. En 1981 a Xunta designouno oficial maior para a sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. Das súas publicacións destacan Carballiño. Poemas ao xeito vello pra unha vila nova (1957), Cando Colás foi á lúa (1969), Co sorriso nos beizos (1969), O mesón do birollo (1971), A feira do Carballiño (1981), Tiroliro a sete voces (1984), Golfaróns de sangue (1989), Os concellos galegos (1991-1993) e A parroquia rural en Galicia (1996). Recibiu, entre outros premios, o Centolo de Ouro (1972) e o Otero Pedrayo (1982).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Caldas de Reis