Fariña Veira, Luisa

Fariña Veira, Luisa

Actriz. Iniciou a súa carreira no grupo afeccionado Tespis da Coruña, e desenvolveuna despois nas cidades de Madrid e València. En Galicia participou en espectáculos como Xubileu (1982), realizado por Troula, ou en Agasallo de sombras (1984), Caderno de Bitácora (1985), O enfermo imaxinario (1986) ou Valle-Inclán 98 (1998), producidos polo Centro Dramático Galego. Tamén realizou diversas colaboracións en programas e series de televisión.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña