Faro
Faro
Capital do distrito homónimo, no Algarve, Portugal, ao NO do Cabo Santa María (32.000 h [1991]). Na segunda metade do s XX a poboación experimentou un rápido crecemento debido ao desenvolvemento do turismo e ás melloras no seu porto. As actividades turísticas fixeron que os empregados no sector terciario cheguen ata o 83% da poboación ocupada. Coñecida en tempo dos romanos co nome de Ossonoba, foi ocupada polos árabes no s VIII. Reconquistada en 1249, recibiu o foro en 1266 e a categoría de cidade en 1540. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas e o foro romano, a catedral (s XIII) e a igrexa de Nossa Se-nhora do Carmo.