Faro
Faro
Publicación aparecida na Coruña en 1974, editada polo Servicio Español del Magisterio e polas Asociaciones de Educación General Básica. Subtitulouse “Por la educación al servizo de España”. Incluíu, ademais de información de carácter educativo, datos sobre congresos das asociacións, cartas ao concello da Coruña, estudios sobre vivenda, aspectos da vida asociativa, artigos coleccionables sobre normas ortográficas da lingua galega e unha escolma de poesía.