Faro, serra do
Faro, serra do
Aliñación montañosa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, unha das que integran a denominada Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección NNL-SSO, sobre unha litoloxía fundamentalmente granítica, polo límite dos concellos de Rodeiro, ao O, e Chantada, ao L. Culmina nos 1.181 m de altitude do Monte Faro.