Farol, El

Farol, El

Semanario satírico republicano aparecido o 29 de abril de 1886. Cesou a súa edición o 28 de novembro de 1886. Ao longo da súa traxectoria imprimiuse en Madrid, Mondoñedo e Viveiro. Subtitulouse “Periódico verdaderamente serio, aunque parezca broma”. Fundado e dirixido por Xosé López, da súa redacción encargábase Robustiano Sánchez. Ademais de textos literarios, incluíu críticas sobre acontecementos políticos e sociais da vila, polo que tivo unha existencia moi polémica.