Farola, La
Farola, La
Publicación aparecida o 16 de xuño de 1994 en Barcelona e subtitulada “el periódico de los sin techo y sin empleo”. En poucos meses distribuíuse por Madrid e dende alí por todo o Estado. Como fenómeno social e medio de sustento de moitos indixentes, recibiu numerosas mostras de adhesión e apoio dos medios de comunicación e o recoñecemento social con galardóns como o Premio de Periodismo Derechos Humanos 95, que concede a Asociación Pro Derechos Humanos España, o Premio de Periodismo Ciutat de Barcelona 95, o Premio Foro Artístico Europeo 96, e o Premio a la Libertad de expresión 96 do Ateneo de Periodistas de València.