Faulkner, William

Faulkner, William

Escritor estadounidense. Exerceu varias profesións e traballou como xornalista. Na súa obra reflectiu as condicións decadentes do sur dos EE UU despois da Guerra de Secesión e a perversión e crueldade humanas. En 1924 publicou o libro de poemas The Marble Faun (O fauno de mármore), non obstante deuse a coñecer coa novela Soldier’s Pay (A paga dos soldados, 1926). Escribiu as novelas Sartoris (1929), As I Lay Dying (Mentres agonizo, 1930), Light in August (Luz de agosto, 1932), The Sound and the Fury (O ruído e a furia, 1929), Sanctuary (Santuario, 1931), The Unvanquished (Os invitos, 1938), Intruders in the Dust (Intruso no po, 1948), Requiem for a Nun (Réquiem por unha monxa, 1950), A Fable (Unha fábula, 1955) e The Reivers (Os rateiros, 1962). Francia concedeulle a Lexión de Honor. Recibiu o Premio Nobel (1949) e o Premio Pulitzer (1955).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : New Albany, Mississippi

  • Deceso

    Lugar : Oxford, Mississippi