fauno
fauno
(< antropónimo Fauno)
-
s
m
[MIT]
Ser fantástico da mitoloxía romana de natureza dobre; tiña figura humana pero tamén cornos e a miúdo gadoupas de cabra. Como xenios selváticos e campestres, habitaban os bosques e eran compañeiros dos pastores; atribuíanselle idénticas calidades e paixóns ás dos sátiros helénicos.
-
s
m
Home lascivo.