Februus

Februus
[MIT]

Deus romano ao que estaba consagrado o mes de febreiro. Nunha etapa tardía identificouse con Dis Pater, o señor do reino dos mortos latino. Constitúe a personificación das februalia (‘Purificacións’).