fecho -cha
(<*lat v pesclu < lat pĕssŭlus ‘ferrollo’)
-
adx
Que está escuro. OBS: Emprégase sobre todo na construción noite fecha.
-
s
m
Mecanismo metálico empregado especialmente para fechar portas e ventás. Pode ser de dous tipos: caravilla e picaporte. A caravilla é a máis sinxela e consiste nun gancho de ferro que xira nun gonzo e entra nunha argola. O picaporte, que acostuma levar por fóra unha prancha de ferro labrada, presenta máis complicación e variedade, e algún deles consiste nunha peza móbil que xira ao redor dun punto fixo e que, ao apertar un resorte, abre ou fecha a porta e ventá. Outro tipo de picaporte consiste nunha peza metálica, xeralmente con formas diferentes como imitacións de animais, xeometrías e forxados, que adoito está no exterior dunha porta e que serve para chamar petando con ela.
Confrontacións: ferrollo. -
s
m
Peza en forma de cuña que suxeita o temón á rabela do arado.
-
s
m
Cada unha das pezas que suxeita a roda ao eixe do carro.
-
s
m
Pedra que, no forno, remata a bóveda.
Refráns
- Casa de dúas portas mal se amourea.
- Pecha a porta e colle a chave: o que queira entrar que chame.
- Pecha a porta e garda a chave: quen veña que chame.
- Pecha a porta e péchaa quedo, non me trille a porta un dedo.
- Quen pecha a súa porta, da mala veciña fai boa.
- Tantos pechos ten a porta e, ás veces, todos son poucos.