fecial
fecial
(
s
m
[HIST/DER]
Maxistrado relixioso que se ocupaba inicialmente de representar o pobo romano nos actos públicos internacionais. Constituían un colexio formado por vinte membros e presididos por un magister fetialum. Entre as súas funcións incluíase a perpetuación mediante tradición oral dos tratados, as paces e as treguas. Emitían ademais ditames respecto ás violacións dos dereitos e aos tratados, e demandaban a reparación polas inxurias inferidas ao pobo romano. Durante o Imperio perderon as súas facultades sobre a guerra e a paz e quedaron limitados á capacidade de decidir sobre os embaixadores e as extradicións.