fécula
fécula
(
s
f
[ALIM]
Amidón que se localiza en forma de gránulos nas células vexetais dos tubérculos, dos rizomas e doutras raíces dalgunhas plantas, como a pataca, das que se extrae en forma de pos brancos insolubles en auga fría. A calidade das diversas clases de féculas determínase pola proporción dos polímeros de maltosa lineais e dos ramificados que se encontran no amidón, e identifícase mediante o exame microscópico dos gránulos e a determinación do poder e da temperatura de xelificación. A fécula obtense mediante os procesos de moído das raíces, raiado, lavado con decantación, filtración do leite de fécula en filtros continuos, secado, pulverizado e tamizado. Emprégase na fabricación de produtos alimentarios e na obtención de glicosa e alcohol etílico.